viernes, 17 de mayo de 2013

Graffitis ecolóxicos

Un pouco relacionado co noso título de blogue e o noso obxectivo, é esta entrada. Navegando por internet buscando denuncias contra a contaminación do medio ambiente, atopei os seguintes graffitis: "graffitis ecolóxicos".
 En contra do que a maioría das persoas pensan, graffitear contamina o medio ambiente porque os aerosoles dos sprays e a pintura conteñen gran cantidade de metais pesados, como o chumbo.Isto tampouco é algo demasiado prexudicial para o medio ambiente, mais esta nova forma é cen por cen limpa e, sobre todo, novedosa.
Os graffitis verdes ou vivos son aquelas pinturas feitas en murais e paredes con musgo ou barro. Pódense facer formas moi orixinais e teñen unha gran denuncia, polos materiais utilizados. Estes son algúns exemplos:

 
Graffiti feito en Zaragoza polos artistas urbanos DOCS, onde se pode ler "Aquí reposa o arte".

"Se este é o meu día de colleita, en que leiras plantei as miñas sementes?"

Graffiti feito por Edina Tokodi en Brooklyn (Nova York).

Graffiti feito a partir de plantillas e barro pola artista urbana Jesse Graves, de Wiscosin  (USA).

Outro tipo de graffitis ecolóxicos son os graffitis invertidos, que consisten en limpar unha parede ou muro sucios formando un debuxo. O deseño queda en cor clara contra un fondo escuro. Unha das mellores vantaxes que presenta este tipo de arte urbana é que é legal, xa que o único que fas é limpar. Algúns son moi orixinais:

Graffiti invertido atopado en Brasil.

Outro exemplo máis dun graffiti invertido, esta vez en Sudáfrica.


Grupo de estudantes de Sudáfrica que apostan pola "depuración de paredes". Máis información en: Inhabitant

Por se queredes  aprender como facer estes graffitis tan divertidos, déixovos este enlace: Grafffitis ecolóxicos de musgo (blogue de autor privado e información cultural).

 Toda a información sobre o tema podédela atopar na páxina web Grupo de Consumo Agroecolóxico (blogue privado que ten o obxectivo de informar os lectores sobre temas relacionados co consumo responsable).

No hay comentarios:

Publicar un comentario