Un pouco relacionado co noso título de blogue e o noso obxectivo, é esta entrada. Navegando por internet buscando denuncias contra a contaminación do medio ambiente, atopei os seguintes graffitis:
"graffitis ecolóxicos".
En contra do que a maioría das persoas pensan, graffitear contamina o medio ambiente porque os aerosoles dos sprays e a pintura conteñen gran cantidade de metais pesados, como o chumbo.Isto tampouco é algo demasiado prexudicial para o medio ambiente, mais esta nova forma é cen por cen limpa e, sobre todo, novedosa.
Os
graffitis verdes ou vivos son aquelas pinturas feitas en murais e paredes con musgo ou barro. Pódense facer formas moi orixinais e teñen unha gran denuncia, polos materiais utilizados. Estes son algúns exemplos:
| |
Graffiti feito en Zaragoza polos artistas urbanos DOCS, onde se pode ler "Aquí reposa o arte". | |
|
 |
"Se este é o meu día de colleita, en que leiras plantei as miñas sementes?" |
 |
Graffiti feito por Edina Tokodi en Brooklyn (Nova York). |
 |
Graffiti feito a partir de plantillas e barro pola artista urbana Jesse Graves, de Wiscosin (USA). |
Outro tipo de graffitis ecolóxicos son os
graffitis invertidos, que consisten en limpar unha parede ou muro sucios formando un debuxo. O deseño queda en cor clara contra un fondo escuro. Unha das mellores vantaxes que presenta este tipo de arte urbana é que é legal, xa que o único que fas é limpar. Algúns son moi orixinais:
 |
Graffiti invertido atopado en Brasil. |
 |
Outro exemplo máis dun graffiti invertido, esta vez en Sudáfrica. |
 |
Grupo de estudantes de Sudáfrica que apostan pola "depuración de paredes". Máis información en: Inhabitant |
Por se queredes aprender como facer estes graffitis tan divertidos, déixovos este enlace:
Grafffitis ecolóxicos de musgo (blogue de autor privado e información cultural).
Toda a información sobre o tema podédela atopar na páxina web
Grupo de Consumo Agroecolóxico (blogue privado que ten o obxectivo de informar os lectores sobre temas relacionados co consumo responsable).