jueves, 23 de mayo de 2013

Queremos que o noso pobo esté así?

Na nosa seguinte entrado no blogue queremos ensinarvos como están algúns dos lugares do noso pobo.
Moitos lugares públicos no pobo onde vivimos están cheos de lixo que prexudican moito o medio ambiente.
Podemos ver que a xente tira  portas de madeira, plásticos, botellas de auga…
Non podemos permitir ter o noso pobo asi…
A xente non se da conta de que estamos a contaminar o medio ambiente e o mal e para nos.
Precisamos facer algo para que isto deixe de suceder, e poder ter un pobo limpo e sen moita contaminación.
Para empezar o noso grupo fará unha exposición de fotos para que a xente do noso instituto vexa como está o noso pobo e poder conciencialos de que contaminen menos, dentro de uns días subiremos fotos da nosa exposición para que a vexades.

 

1 comentario:

  1. É realmente unha boa idea dar a coñecer os resultados medioambientais do pouco coidado da xente coa natureza.
    Coido que tamén sería necesaio saber quen realiza eses verquidos e cal é a súa razón para facelo, pois só así se podería parar este tipo de actos, é dicir, mediante unha intervención directa cos responsabeis. É complicado modificar os costumes dun, mais ás veces é necesario; e se ben tamén hai persoas que non queren entender, hai outras que nos temos que esforzar para facer ao resto entrar en razón, e polo menos, facer que sexan conscientes das consecuencias dos seus actos.

    ResponderEliminar